DEPORTE EN MELIDE

Envíanos as tuas fotos, videos, comentarios, informacións.
Todo o que queiras ver neste blog.
deportemelidense@gmail.com

28 nov 2008

GAÑAMOS EN PARTE


O comité de competición dálle a razón, en parte, o Melide Fútbol Sala no problema da suspensión do partido o fin de semana pasado.
Imponlle unha multa económica importante os dous clubs (os dous a mesma). Sanciona os dous xogadores implicados do mesmo xeito.
Pero da o partido como rematado co resultado existente nese intre, que era favorable o noso equipo cun marcador de 1-3.
A espera de posibles recursos, felicitar (na parte boa) o Melide Fútbol Sala.
Recordamos que esta fin de semana e importante para os dous equipos de fútbol sala do noso Concello.

27 nov 2008

PARTIDOS PARA A FIN DE SEMANA

Fin de semana importante para o fútbol sala. Os dous equipos necesitan gañar para non descolgarse da parte alta da clasificación.
Tamén temos que destacar o partido das rapazas do Atlético, que xogan nun campo profesional como e o da Malata en Ferrol, e mencionar que o partido dos veteranos do Cire corresponde a unha xornada aprazada.
Xóganse un total de 7 partidos en Melide, 8 fóra da casa e descansa 1.
Esta fin de semana temos que abrigarnos ben, non ter medo ao frio e acompañar os nosos equipos.


PARTIDOS FIN DE SEMANA:

SABADO 29/11/2008
En Melide


LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ATLE INF - INMACULAD - 11:00 - MUNICIPAL
CIRE VET - C.MARQUEZ - 16:15 - MUNICIPAL
MELIDE FS - FS CEDEIRA - 17:30 - MUNICIPAL
MEL FS XU - CASAS - 20:00 - MUNICIPAL

Fora

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO

UD JUVENIL - CIRE BENX - 11:00 - CULLEREDO
BETANZOS - CIRE INFA - 11:30 - BODEGAS
LARIN - CIRE XUV - 12: - LARIN
TOURO - ALTE BENX - 13:00 -TOURO
VIVEIRO - ATLE XUV - 16:00 -VIVEIRO

DOMINGO 30/11/2008
En Melide

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO

CIRE CAD - PORTAZGO - 10:30 - MUNICIPAL
ATLE ALEV - SILLEDEA B - 12:00 - MUNICIPAL
CIRE - MARINO - 16:15 - MUNICIPAL

Fora

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO

R.FERROL - ATLE FEME - 12:00 - A MALATA
SD COMPOS - ATLE CADE - 12:45 - CANCELAS
CRUCES - ATL MELIDE - 16:00 - CRUCES

Descansa

ATLETICO VETERANOS

25 nov 2008

MALA SORTE


Ferreiro non consegue revalidar o seu titulo.
Problemas mecánicos impediron repetir éxitos do ano pasado.
Felicitamos do mesmo xeito a Ferreiro, que segue a levar o nome de Melide polas estradas e mostrando o seu bo facer ao volante.
Tamén felicitar a Javier Anido polo bo resultado acadado na proba desta fin de semana.
Podedes ver unha crónica no blog “Melide en catro rodas”.
Ánimo ao equipo e esperemos que o ano que vén podiades renovar o título.

RESULTADO ENQUISA

Rematou a enquisa sobre a situación do deporte federado en Melide.
O resultado final foi de empate técnico:
Un 46% que opina que a situación e boa.
Un 46% que opina que non e boa.
Un 7% que non se define.
En fechas posteriores repetirémola para saber as modificacións en función dos resultados deportivos que consigan os equipos do Concello.
A enquisa desta semana e mais complexa.
Teriamos que ter máis equipos de fútbol, un único club ou cos que temos está ben?
Existen concellos coma Oleiros onde existen ata 12 equipos diferentes de fútbol, mentres que outros concellos como Lalín unicamente teñen 1.
Cal consideras que e a mellor opción?


23 nov 2008

FIN DE SEMANA COMPLEXO


Non saíron as cousas como nos gostaría os afeccionados.
Gañáronse unicamente 4 partidos, perdéronse 9, descansaron 2 e suspendeuse 1.

Atlético de Melide:
Atlético de Melide Benxamín 8 – 5 Cruces
Cruces 2 – 3 Atlético de Melide Alevín
Atlético de Melide Infantil – Descanso
Atlético de Melide Cadete 2 – 7 Nicrariense
Atlético de Melide Xuvenil 0 – 3 Conxo B
Atlético de Melide 1 – 3 Bandeira
Ordenes 4 – 3 Atlético de Melide Veteranos
Atlético de Melide Feminino 2 – 3 Friol

Cire:
Cire Benxamín 0 – 4 Marino
Cire Infantil 2 – 5 Olímpico
Arzúa 5 – 3 Cire Cadete
Cire Xuvenil – Descanso
Larin 2 – 1 Cire
Trazo 2 – 3 Cire Veteranos

Melide Fútbol Sala:
Paderne 4 – 7 Melide Fútbol Sala xuvenil
Al. Alucar 1 – 3 Melide Fútbol Sala (Suspendido)


Menos mal que nos queda o éxito do combinado nacional na Copa Davis.
Torneo que gañamos esta fin de semana en Arxentina cun claro 1- 3, onde o principal xogador esta vez foi Verdasco.


20 nov 2008

PARTIDOS PARA A FIN DE SEMANA

Esta fin de semana os diferentes equipos de Melide xogan na casa un total de 7 partidos, 5 deles do Atlético de Melide, e 2 do Cire.
Xogan fóra 3 equipos do Cire e 2 do Atlético de Melide.
Peor sorte ten o Melide Fútbol Sala xa que os dous equipos xogan fóra.
Ánimo a todos, e convidar os veciños de Melide a que acompañen os seus equipos.

PARTIDOS FIN DE SEMANA:

SABADO 22/11/2008
En Melide
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
CIRE INFANTIL - OLIMPICO - 10:30 - MUNICIPAL
CIRE BENXAMIN - MARINO - 12:00 - MUNICIPAL
ATLETICO BENXAMIN - CRUCES - 15:00 - MUNICIPAL
ATLETICO XUVENIL - CONXO B - 16:15 -MUNICIPAL

Fora
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
PADERNE - MELIDE FUT. SA. XUVENIL - 17:00 - PADERNE
ORDENES - ATLETICO VETERANOS - 17:30 - ORDENES
AL. ALUCAR - MELIDE FUTBOL SALA - 18:00 - SARRIA
TRAZO - CIRE VETERANOS - 18:00 - TRAZO

DOMINGO 23/11/2008
En Melide

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ATLETICO CADETE - NICRARIENSE - 11:00 - MUNICIPAL
ATLETICO - BANDEIRA - 16:00 - MUNICIPAL
ATLETICO FEMININO - FRIOL - 18:00 - MUNICIPAL

Fora
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ARZUA - CIRE CADETE - 10:30 - ARZUA
CRUCES - ATLETICO ALEVINES - 10:30 - CRUCES
LARIN - CIRE - 16 :15 - LARIN

Descansa
ATLETICO INFANTIL
CIRE XUVENIL

19 nov 2008

BLOG SOBRE MOTOR


Hola a todos e todas.
Nace outro blog sobre deporte en Melide: Melide en catro rodas.
Blog dedicado a Ferreiro e o seu equipo.
Por certo que hai poucas datas Ferreiro e os seus compañeiros de club participaron nunha proba na Costa Brava.

Competiu contra pilotos de nivel mundial, con coches espectaculares.
A pesar de todo isto, acadou un segundo posto moi meritorio, demostrando que o mundo das competicións a catro rodas non teñen segredos para Ferreiro e os seus rapaces.
Ánimo a todo o grupo e parabéns polo blog.

17 nov 2008

AGORA SI


Agora si.
Desde a semana que vén comezaremos a publicar os resultados das xornadas da fin de semana.
Para ir comezando, esta semana publicaremos os horarios dos partidos e os lugares de xogo para que todos aqueles siareiros que queiran ver os seus equipos poidan saber onde xogan, contra quen e a que hora.
Queremos por outra banda pedir axuda. Se alguén ten un blog ou pax web sobre deporte e quere colgalos aquí, está totalmente aberta a dita posibilidade.
Igualmente todos os interesados en que se vexan fotos, ou cousas divertidas sobre os diferentes equipos, poden facelo usando este blog.
Anímate e participa.
Opina sobre calquera tema e publicaremos unha entrada para debater sobre el.
Para comenzar a dialogar, propoñemos unha pregunta sinxela.
Consideras bo ou necesario que exista un blog destas características ou cres que cos que xa temos na rede era suficiente?

10 nov 2008

ARRANCAMOS


Hoxe nace un novo blog sobre o deporte en Melide.
Queremos facer chegar a todos os melidaos e melidás a información sobre os deportes que se practican na nosa vila, xa sexa federado ou non.
Tentaremos informar sobre todas as competicións e os resultados destas.
Queremos que sexa unha xanela aberta para que todos os que queiran opinar podan facelo.
Que ao mesmo tempo avise de torneos ou competicións que non coñezamos para facelas chegar a todos e a todas.
Nace con vocación de informar.
Procuraremos o debate e a discusión, pero sempre en termos deportivos e de deportividade.
Evitaremos en todo o blog os comentarios despectivos e mal intencioados.
Queremos invitar a participar a calquera que lle goste o deporte, calquera que sexa a súa modalidade, para converter este blog nun referente do deporte da comarca.
Un saúdo a todas e todos os que desfrutan do deporte, tanto deportistas como espectadores.
Esperámosvos na rede.