DEPORTE EN MELIDE

Envíanos as tuas fotos, videos, comentarios, informacións.
Todo o que queiras ver neste blog.
deportemelidense@gmail.com

17 nov 2008

AGORA SI


Agora si.
Desde a semana que vén comezaremos a publicar os resultados das xornadas da fin de semana.
Para ir comezando, esta semana publicaremos os horarios dos partidos e os lugares de xogo para que todos aqueles siareiros que queiran ver os seus equipos poidan saber onde xogan, contra quen e a que hora.
Queremos por outra banda pedir axuda. Se alguén ten un blog ou pax web sobre deporte e quere colgalos aquí, está totalmente aberta a dita posibilidade.
Igualmente todos os interesados en que se vexan fotos, ou cousas divertidas sobre os diferentes equipos, poden facelo usando este blog.
Anímate e participa.
Opina sobre calquera tema e publicaremos unha entrada para debater sobre el.
Para comenzar a dialogar, propoñemos unha pregunta sinxela.
Consideras bo ou necesario que exista un blog destas características ou cres que cos que xa temos na rede era suficiente?

5 comentarios:

Melide Fs dijo...

Boas.
Primeiro felicitarvos pola iniciativa deste blog que pinta ben, e segundo dicirvos que xa vos puxen un enlace.

Un saudo e SORTE

Anónimo dijo...

Boas, pareceme unha boa iniciativa, todo o que seña información nunca esta demais, ademais é unha boa forma de poder seguir os equipos locais para aqueles q esteamos fora, solo espero que sexades imparciais e tratedes todos os equipos por igual, sorte co blog, vexolle un bo futuro

Anónimo dijo...

Ola!

E o baloncesto que? Parece que neste mundo só existe o fútbol ou o fútbol sala e resulta que hai outros deportes. Seguro que se dende o concello se apoiara unha escola de baloncesto, en Melide, co activa que é a xente, habería un bo equipo. E non me importaría xogar nel :D

DEPORTE MELIDENSE. dijo...

Hola compañeiro.
Sobre o tema do baloncesto podoche comentar que o concello sacou escolas deportivas de baloncesto.
Pero o deporte funciona por modas, e non sairon a diante polo momento.
Non publicamos nada sobre este deporte xa que non temos club nin escola.
No momento que teña algunha nova relacionada, colgareina o mais rapido posible.
Un saudo e non deixes de practicar, e so cuestion de tempo.

DEPORTE MELIDENSE. dijo...

En relación co tema da imparcialidade, e unha das nosas prioridades.
A forma de colgar os clubs no blog foi a sorteo puro.
Cada semana cando expliquemos resultados, clasificacions e proximas xornadas iremos variando a orden para evitar preferencias.
Gracias por participar e un saudo.