DEPORTE EN MELIDE

Envíanos as tuas fotos, videos, comentarios, informacións.
Todo o que queiras ver neste blog.
deportemelidense@gmail.com

17 dic 2008

PARTIDOS PARA A FIN DE SEMANA

Fin de semana escaso de partidos en Melide.
Xóganse 5 na casa, 9 fora, descansan 2.
Tamén temos que mencionar que as seleccións Benxamín, AlevÍn, Infantil e Cadete xogan este domingo 21 en Lugo contra a selección lucense. Xóganse os partidos dende as 16:30 no polideportivo municipal de Lugo.

Os partidos son os seguintes:

SÁBADO 20:
En Melide
LOCAL – VISITANTE – HORA – CAMPO
CIRE XUVE – SAN PEDRO – 16:00 - MUNICIPAL
ATLE BENXA – ESTRADA B – 15:00 - MUNICIPAL
ATLE VETE – SIGÜEIRO – 18:00 – MUNICIPAL


Fora
LOCAL – VISITANTE – HORA - CAMPO
TORDOIA – ATLE INFA – 10:00 - TORDOIA
MARINO – CIRE – 10:00 – MARINO
AGUIÑO – ATLE XUVE – 16:00 - AGUIÑO
SAN PEDRO – CIRE VETE – 16:15 – SAN PEDRO
MEXILON – MELIDE FS – 16:30 - RIANXO

DOMINGO 21:
En Melide
LOCAL – VISITANTE – HORA - CAMPO
CIRE – DORNEDA – 10:30 – MUNICIPAL
ATLE CADE – ORDENES – 12:00 – MUNICIPAL

Fora
LOCAL – VISITANTE – HORA – CAMPO
CRUCES – ATLE ALE – 10:30 – CRUCES
AZKAR – MELI FS XUV – 12:30 – TERRA
RAPADO – ATLETICO MELIDE – 16:00 – RAPADO
IMPERATOR – CIRE – 18:30 – ELVIÑA
SEL LUCENSE –MELIDE/ARZUA BENXA -16:30 – LUGO
SEL LUCENSE – MELIDE/ARZUA ALE – 17:15 – LUGO
SEL LUCENSE – MELIDE/ARZUA INFA – 18:00 – LUGO
SEL LUCENSE – MELIDE/ARZUA CADE – 18:45 – LUGO

Descansa
CIRE BENXAMIN

ATLETICO FEMININO

15 dic 2008

SELECCIONS GALEGAS DE FUTBOL


As seleccións de fútbol de Galicia xogarán os partidos amigables de Nadal os días 27 (masculina en Riazor) e o 28 (feminina en Pasarón).
En colaboración entre os clubs deportivos e o Concello de Melide quen queira asistir aos ditos partidos deberá dirixirse a un dos clubs do concello (Cire, Atlético de Melide e Melide fútbol sala) onde fará a reserva da entrada.
O prezo será de 10 € en Preferencia superior para o partido masculino e de 6 € en tribuna para o feminino.
O prazo remata este xoves 11 de decembro.

SELECCION COMARCAL DE FÚTBOL SALA

A selección de xogadores para o torneo de seleccións comarcais de fútbol sala realizarase este xoves dia 18 no polideportivo municipal de 18:00 a 19:30. Tanto Arzúa como os dous equipos de fútbol de Melide accederon a ceder os seus xogadores para esta actividade lúdica que se levará a cabo na Navidade.

2º FIN DE SEMANA DO MES

Outra fin de semana con frío e moita auga.
Por mor do mal tempo foi necesario suspender o partido dos alevins do Atlético de Melide.
O resto de resultados son os seguintes:

Atlético Melide:

SILLEDA 4 – 4 ATLE BENX
ATLE ALEV / - / LALIN B (APLAZADO)
ATLE INF 16 – 0 SAN MARCOS
IMPERATOR 4 – 0 ATLE XUVE
VILATUXE 8 – 0 ATLETICO MELIDE
NIETO CHAYAN 4 – 2 ATLE VETE
ATLE FEMENINO 3 – 0 BOIRO

Cire:

BREXO LEMA 11 – 2 CIRE BENXA
CIRE INFAN 4 – 3 CAMBRE
CIRE CADETE – DESCANSA
CURTIS 3 – 2 CIRE XUVE
CIRE 2 – 1 CARRAL
CIRE VETE 2 – 2 BERRES

Melide Fútbol Sala:

MERA B 9 – 3 MELIDE FS
CARBALLIÑO 4 – 8 MELI FS XUVE

11 dic 2008

AXUDA

Estamos a pedir a vosa axuda para recompilar fotografías tando de deportistas como de equipos de Melide.

Fotos antigas, novas, distintos formatos, etc.

Videos, recortes de xornais, calquera cousa que amose os deportistas e diferentes equipos de Melide o longo da historia.

Colgaremos as que nos cheguen.

Para empezar colgamos a do primeiro campion alevin do intermunicipal en categorias inferioes (equipo do 2005).

PARTIDOS PARA A FIN DE SEMANA

Fin de semana con moitos partidos fora da casa.
Xóganse 6 en Melide, 9 fora e descansa 1 equipo.
A relación de encontros e a seguinte:

Sábado 13-12-2008
En Melide
LOCAL – VISITANTE – HORA – CAMPO
CIRE INFA – CAMBRE – 10:30 – MUNICIPAL
ATLE INFA – SAN MARCOS – 12:00 - MUNICIPAL
CIRE VETE – C.D. BERRES – 16:15 – MUNICIPAL

Fora
LOCAL – VISITANTE – HORA – CAMPO
SILLEDA – ATLE BENX – 11:30 - SILLEDA
BREXO LEMA – CIRE BENXA – 11:30 – BREXO LEMA
CURTIS – CIRE XUVE – 16:00 – CURTIS
IMPERATOR – ATLE XUVE – 16:00 - IMPERATOR
CARBALLIÑO – MEL FS XUVE – 17:00 – PACO CHAO
NIETO CHAYAN – ATLE VETE – 17:30 – NIETO
MERA B – MELIDE FS – 19:00 – CANIDE

Domingo 14-12-2008
En Melide
LOCAL – VISITANTE – HORA – CAMPO
ATLE ALEV – LALIN B – 12:00 – MUNICIPAL
CIRE – CARRAL – 16:30 – MUNICIPAL
ATLE FEMENINO – BOIRO -18:15 – MUNICIPAL

Fora
LOCAL – VISITANTE – HORA – CAMPO
VILLESTRO – ATLE CADE – 12:00 – VILLESTRO
VILATUXE – ATLETICO MELIDE – 16:00 – VILATUXE

Descansa
CIRE CADETE

10 dic 2008

SELECCION COMARCAL DE FÚTBOL SALA


Este Nadal a Federación Galega de Fútbol Sala encomendoulle á Concellaría de Deportes de Melide a organización dunha selección dos mellores xogadores das zonas de Melide e Arzúa.
Na vindeira semana faranse as probas de selección de xogadores e competirán nunha primeira fase de grupo contra as seleccións de Lugo, Ourense e Chantada-Monforte.
O campión da dita fase xogará o campionato galego por comarcas.
Destes torneos soen saír xogadores para a selección galega que posteriormente xogarán o campionato de España.
En próximas entradas informaremos dos lugares e horas da selección dos xogadores.

9 dic 2008

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana xogáronse un total de 10 partidos dos cales se gañaron 5 e perderon 5.
Os resultados son os seguintes:

SABADO 06-12-2008:

En Melide
CIRE BENXA 0 – 11 SD SOFIA
ATLE BENXA 21 – 0 SILLEDA “C”
CIRE XUVE 4 – 1 OBRERO
ATLE XUVE 1 – 3 CARANZA

Fora
BELVIS 7 – 3 ATLE INFAN

DOMINGO 07-12-2008:

En Melide
ATLE CADE 3 – 2 BOD. ARZUA

Fora
OLIMPICO 9 – 1 CIRE CADE
NOIA 0 – 9 ATLE FEME
PAIOSACO 0 – 1 CIRE

LUNS 08-12-2008

En Melide
ATLETICO 0 – 1 AGOLADA

Tamén comentar que o resultado da enquisa realizada foi clara, un 4% dos participantes consideran que está ben así o numero de equipos de fútbol que temos en Melide.
O 8% considera que resulta indiferente os que existan
Un 26% opinan que tería que haber mais de 2 equipos.
Mentres que un 60% opinan que a situación ideal sería que unicamente existise 1 equipo de fútbol en Melide.

A enquisa seguinte e continuación da anterior.
Son as mesmas preguntas, pero aplicadas ao fútbol sala. A opinión dos lectores do blog cambia segúndo o deporte ou non inflúe?

4 dic 2008

PARTIDOS PARA OS FESTIVOS

Nestes dÍas de festa os equipos de Melide xogan poucos partidos, a moitos deles tócalles descansar.
Os que se xogan son os seguintes:

SABADO 06/12/2008

En Melide
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
CIRE BENXA - S.D. SOFIA - 11:30 - MUNICIPAL
ATLE BENXA - SILLEDA "C" - 12:00 - MUNICIPAL
CIRE XUVE - OBRERO - 16:00 - MUNICIPAL
ATL XUVE - G. CARANZA - 18:00 - MUNICIPAL

Fora
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
BELVIS - ATLE INFA - 10:30 - BELVIS

DOMINGO 07/12/2008

En Melide
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ATLE CADE - BOD. ARZUA - 11:00 - MUNICIPAL

Fora
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
OLIMPICO - CIRE CADE
- 10:30 - OLIMPICO
NOIA - ATLE FEMININO
- 12:00 - NOIA
PAIOSACO - CIRE - 16:00 - PAIOSACO

LUNS 08/12/2008

En Melide
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ATLE MELIDE - AGOLADA - 17:00 - MUNICIPAL

Aprazado
CALLOBRE - ATLE ALEVIN

Descansa
CIRE INFANTIL
MELIDE FUTBOL SALA XUVENIL
MELIDE FUTBOL SALA
CIRE VETERANOS
ATLETICO DE MELIDE VETERANOS

Esperemos que os nosos rapaces teñan mellor sorte que as dúas semanas anteriores, e que o tempo acompañe algo para que non sexa tan duro xogar defendendo as cores de Melide.

1 dic 2008

QUE FRIO !!!






Outra mal fin de semana para o fútbol federado.
Perdéronse 8 partidos, empatouse 1, descansou 1, suspendéronse polo mal tempo 2 e gañáronse unicamente 4.
É importante recalcar o bo resultado dos xuvenís do Atlético, que gañaron no campo do Viveiro, e a vitoria dos xuvenís do Melide Fútbol Sala na casa.
Esta fin de semana estivo marcada polo mal tempo o que provocou a suspensión de moitos encontros en todo o territorio.

Os resultados foron os seguintes:

Cire:
U.D Juvenil 4 – 0 Cire Benxamin
Betanzos 13 – 1 Cire Infantil
Cire Cadete 0 – 0 Portazgo (SUSPENDIDO)
Larin 2 – 2 Cire Xuvenil
Cire 0 – 2 Marino
Cire Veteranos 2 – 3 C. Marquez

Melide Futbol Sala:
Melide FS Xuve 7 – 4 Casás
Melide FS 3 – 4 FS Cedeira

Atletico:
Touro 0 – 0 Atle Benxa (SUSPENDIDO)
Atle Alev 6 – 1 SilledA B
Atle Infa 3 – 0 Inmaculada
SD Compos 5 – 0 Atle Cade
Viveiro 0 – 2 Atle Xuve
Cruces 5 – 3 Atle Melide
Atle Veteranos – Descanso
R. Ferrol 5 – 1 Atle Feme

Temos outra noticia relacionada con outra actividade deportiva, o billar.
Os días 13 e 14 de decembro, tera lugar un campionato de billar por parellas na modalidade de bóla 8. Realizarase nos billares do local Cervexería Fundación.
A inscrición e gratuíta e terán trofeos para as 3 primeiras parellas.
O campionato comezará as 16:30 do sábado dia 13.
A xente interesada en participar pódese apuntar no propio local da Cervexería Fundación.

28 nov 2008

GAÑAMOS EN PARTE


O comité de competición dálle a razón, en parte, o Melide Fútbol Sala no problema da suspensión do partido o fin de semana pasado.
Imponlle unha multa económica importante os dous clubs (os dous a mesma). Sanciona os dous xogadores implicados do mesmo xeito.
Pero da o partido como rematado co resultado existente nese intre, que era favorable o noso equipo cun marcador de 1-3.
A espera de posibles recursos, felicitar (na parte boa) o Melide Fútbol Sala.
Recordamos que esta fin de semana e importante para os dous equipos de fútbol sala do noso Concello.

27 nov 2008

PARTIDOS PARA A FIN DE SEMANA

Fin de semana importante para o fútbol sala. Os dous equipos necesitan gañar para non descolgarse da parte alta da clasificación.
Tamén temos que destacar o partido das rapazas do Atlético, que xogan nun campo profesional como e o da Malata en Ferrol, e mencionar que o partido dos veteranos do Cire corresponde a unha xornada aprazada.
Xóganse un total de 7 partidos en Melide, 8 fóra da casa e descansa 1.
Esta fin de semana temos que abrigarnos ben, non ter medo ao frio e acompañar os nosos equipos.


PARTIDOS FIN DE SEMANA:

SABADO 29/11/2008
En Melide


LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ATLE INF - INMACULAD - 11:00 - MUNICIPAL
CIRE VET - C.MARQUEZ - 16:15 - MUNICIPAL
MELIDE FS - FS CEDEIRA - 17:30 - MUNICIPAL
MEL FS XU - CASAS - 20:00 - MUNICIPAL

Fora

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO

UD JUVENIL - CIRE BENX - 11:00 - CULLEREDO
BETANZOS - CIRE INFA - 11:30 - BODEGAS
LARIN - CIRE XUV - 12: - LARIN
TOURO - ALTE BENX - 13:00 -TOURO
VIVEIRO - ATLE XUV - 16:00 -VIVEIRO

DOMINGO 30/11/2008
En Melide

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO

CIRE CAD - PORTAZGO - 10:30 - MUNICIPAL
ATLE ALEV - SILLEDEA B - 12:00 - MUNICIPAL
CIRE - MARINO - 16:15 - MUNICIPAL

Fora

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO

R.FERROL - ATLE FEME - 12:00 - A MALATA
SD COMPOS - ATLE CADE - 12:45 - CANCELAS
CRUCES - ATL MELIDE - 16:00 - CRUCES

Descansa

ATLETICO VETERANOS

25 nov 2008

MALA SORTE


Ferreiro non consegue revalidar o seu titulo.
Problemas mecánicos impediron repetir éxitos do ano pasado.
Felicitamos do mesmo xeito a Ferreiro, que segue a levar o nome de Melide polas estradas e mostrando o seu bo facer ao volante.
Tamén felicitar a Javier Anido polo bo resultado acadado na proba desta fin de semana.
Podedes ver unha crónica no blog “Melide en catro rodas”.
Ánimo ao equipo e esperemos que o ano que vén podiades renovar o título.

RESULTADO ENQUISA

Rematou a enquisa sobre a situación do deporte federado en Melide.
O resultado final foi de empate técnico:
Un 46% que opina que a situación e boa.
Un 46% que opina que non e boa.
Un 7% que non se define.
En fechas posteriores repetirémola para saber as modificacións en función dos resultados deportivos que consigan os equipos do Concello.
A enquisa desta semana e mais complexa.
Teriamos que ter máis equipos de fútbol, un único club ou cos que temos está ben?
Existen concellos coma Oleiros onde existen ata 12 equipos diferentes de fútbol, mentres que outros concellos como Lalín unicamente teñen 1.
Cal consideras que e a mellor opción?


23 nov 2008

FIN DE SEMANA COMPLEXO


Non saíron as cousas como nos gostaría os afeccionados.
Gañáronse unicamente 4 partidos, perdéronse 9, descansaron 2 e suspendeuse 1.

Atlético de Melide:
Atlético de Melide Benxamín 8 – 5 Cruces
Cruces 2 – 3 Atlético de Melide Alevín
Atlético de Melide Infantil – Descanso
Atlético de Melide Cadete 2 – 7 Nicrariense
Atlético de Melide Xuvenil 0 – 3 Conxo B
Atlético de Melide 1 – 3 Bandeira
Ordenes 4 – 3 Atlético de Melide Veteranos
Atlético de Melide Feminino 2 – 3 Friol

Cire:
Cire Benxamín 0 – 4 Marino
Cire Infantil 2 – 5 Olímpico
Arzúa 5 – 3 Cire Cadete
Cire Xuvenil – Descanso
Larin 2 – 1 Cire
Trazo 2 – 3 Cire Veteranos

Melide Fútbol Sala:
Paderne 4 – 7 Melide Fútbol Sala xuvenil
Al. Alucar 1 – 3 Melide Fútbol Sala (Suspendido)


Menos mal que nos queda o éxito do combinado nacional na Copa Davis.
Torneo que gañamos esta fin de semana en Arxentina cun claro 1- 3, onde o principal xogador esta vez foi Verdasco.


20 nov 2008

PARTIDOS PARA A FIN DE SEMANA

Esta fin de semana os diferentes equipos de Melide xogan na casa un total de 7 partidos, 5 deles do Atlético de Melide, e 2 do Cire.
Xogan fóra 3 equipos do Cire e 2 do Atlético de Melide.
Peor sorte ten o Melide Fútbol Sala xa que os dous equipos xogan fóra.
Ánimo a todos, e convidar os veciños de Melide a que acompañen os seus equipos.

PARTIDOS FIN DE SEMANA:

SABADO 22/11/2008
En Melide
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
CIRE INFANTIL - OLIMPICO - 10:30 - MUNICIPAL
CIRE BENXAMIN - MARINO - 12:00 - MUNICIPAL
ATLETICO BENXAMIN - CRUCES - 15:00 - MUNICIPAL
ATLETICO XUVENIL - CONXO B - 16:15 -MUNICIPAL

Fora
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
PADERNE - MELIDE FUT. SA. XUVENIL - 17:00 - PADERNE
ORDENES - ATLETICO VETERANOS - 17:30 - ORDENES
AL. ALUCAR - MELIDE FUTBOL SALA - 18:00 - SARRIA
TRAZO - CIRE VETERANOS - 18:00 - TRAZO

DOMINGO 23/11/2008
En Melide

LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ATLETICO CADETE - NICRARIENSE - 11:00 - MUNICIPAL
ATLETICO - BANDEIRA - 16:00 - MUNICIPAL
ATLETICO FEMININO - FRIOL - 18:00 - MUNICIPAL

Fora
LOCAL - VISITANTE - HORA - CAMPO
ARZUA - CIRE CADETE - 10:30 - ARZUA
CRUCES - ATLETICO ALEVINES - 10:30 - CRUCES
LARIN - CIRE - 16 :15 - LARIN

Descansa
ATLETICO INFANTIL
CIRE XUVENIL

19 nov 2008

BLOG SOBRE MOTOR


Hola a todos e todas.
Nace outro blog sobre deporte en Melide: Melide en catro rodas.
Blog dedicado a Ferreiro e o seu equipo.
Por certo que hai poucas datas Ferreiro e os seus compañeiros de club participaron nunha proba na Costa Brava.

Competiu contra pilotos de nivel mundial, con coches espectaculares.
A pesar de todo isto, acadou un segundo posto moi meritorio, demostrando que o mundo das competicións a catro rodas non teñen segredos para Ferreiro e os seus rapaces.
Ánimo a todo o grupo e parabéns polo blog.

17 nov 2008

AGORA SI


Agora si.
Desde a semana que vén comezaremos a publicar os resultados das xornadas da fin de semana.
Para ir comezando, esta semana publicaremos os horarios dos partidos e os lugares de xogo para que todos aqueles siareiros que queiran ver os seus equipos poidan saber onde xogan, contra quen e a que hora.
Queremos por outra banda pedir axuda. Se alguén ten un blog ou pax web sobre deporte e quere colgalos aquí, está totalmente aberta a dita posibilidade.
Igualmente todos os interesados en que se vexan fotos, ou cousas divertidas sobre os diferentes equipos, poden facelo usando este blog.
Anímate e participa.
Opina sobre calquera tema e publicaremos unha entrada para debater sobre el.
Para comenzar a dialogar, propoñemos unha pregunta sinxela.
Consideras bo ou necesario que exista un blog destas características ou cres que cos que xa temos na rede era suficiente?

10 nov 2008

ARRANCAMOS


Hoxe nace un novo blog sobre o deporte en Melide.
Queremos facer chegar a todos os melidaos e melidás a información sobre os deportes que se practican na nosa vila, xa sexa federado ou non.
Tentaremos informar sobre todas as competicións e os resultados destas.
Queremos que sexa unha xanela aberta para que todos os que queiran opinar podan facelo.
Que ao mesmo tempo avise de torneos ou competicións que non coñezamos para facelas chegar a todos e a todas.
Nace con vocación de informar.
Procuraremos o debate e a discusión, pero sempre en termos deportivos e de deportividade.
Evitaremos en todo o blog os comentarios despectivos e mal intencioados.
Queremos invitar a participar a calquera que lle goste o deporte, calquera que sexa a súa modalidade, para converter este blog nun referente do deporte da comarca.
Un saúdo a todas e todos os que desfrutan do deporte, tanto deportistas como espectadores.
Esperámosvos na rede.