DEPORTE EN MELIDE

Envíanos as tuas fotos, videos, comentarios, informacións.
Todo o que queiras ver neste blog.
deportemelidense@gmail.com

10 dic 2008

SELECCION COMARCAL DE FÚTBOL SALA


Este Nadal a Federación Galega de Fútbol Sala encomendoulle á Concellaría de Deportes de Melide a organización dunha selección dos mellores xogadores das zonas de Melide e Arzúa.
Na vindeira semana faranse as probas de selección de xogadores e competirán nunha primeira fase de grupo contra as seleccións de Lugo, Ourense e Chantada-Monforte.
O campión da dita fase xogará o campionato galego por comarcas.
Destes torneos soen saír xogadores para a selección galega que posteriormente xogarán o campionato de España.
En próximas entradas informaremos dos lugares e horas da selección dos xogadores.

No hay comentarios: